Airbnb quita a comisión aos hóspedes - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Airbnb quita a comisión aos hóspedes
Data: martes, 24 de abril de 2018
Airbnb segue buscando a fórmula para aumentar as reservas. Despois de engadir 48 horas de graza na súa política de cancelación estrita a plataforma proba agora a eliminar as comisións aos hóspedes.
Así llo está comunicando vía email aos hóspedes, segundo adianta PhocusWire. O correo electrónico describe que, en lugar dos honorarios habituais a hóspedes e anfitrións, que suma aproximadamente o 15% do prezo da oferta, o novo programa cobrará unha tarifa de aloxamento do 12% sen cargo adicional para os hóspedes.
Fonte: Hosteltur.com