Actualidade

« Atrás

A Xunta promoverá a creación de centros de innovación con participación empresarial

Data:  xoves, 12 de xuño de 2014

Alberto Núñez Feijoo, salientou hoxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, a aprobación dunha "decisión pioneira" no ámbito da innovación empresarial en Galicia, un programa de creación de centros de innovación mixtos por parte de empresas e organismos de investigación galegos. Trátase dunha iniciativa que mobilizará 30 millóns de euros e permitirá desenvolver liñas de traballo en materia de innovación en sectores estratéxicos da economía da Comunidade.
 
Segundo destacou Feijoo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, para conseguir este obxectivo, o Goberno galego investirá directamente fondos públicos, 9,5 millóns de euros, na liña do Programa Innova en Galicia, que permitirá avanzar "un paso máis no desenvolvemento do compromiso que presentamos á Unión Europea da Estratexia de Especialización Intelixente, RIS 3". 
 
A liña nace coa finalidade "de que o investimento público exerza de panca para a atracción de capital privado con destino á innovación tecnolóxica" e que distintas compañías de sectores económicos estratéxicos como o das TIC, o da automoción, o aeronáutico ou o farmacéutico, xa teñen comunicado o seu interese por participar neste programa.
 
Os centros de innovación terán unha serie de requisitos para poder obter financiamento público. O primeiro deles, é que se ten que manter un mínimo de tres anos en funcionamento, e que teñen que estar cofinanciados polas empresas. Deste xeito, impulsarase a creación de emprego cualificado; desenvolveranse as capacidades dos centros galegos ao servizo de áreas punteiras da economía; e mellorarase a competitividade das empresas grazas á transferencia de coñecemento nos sectores estratéxicos.
 
Os beneficiarios deste programa serán os centros tecnolóxicos, as universidades ou fundacións de investigación sanitaria, centros galegos do CSIC, ou do IEO. Ademais, estes centros teñen que acreditar ter captado o interese e compromiso de empresas para desenvolver conxuntamente (Xunta de Galicia, centro de investigación e empresa) os centros de innovación.
 

Fonte:  http://www.codigocero.com/A-Xunta-promovera-a-creacion-de



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento