Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Dentro deste itinerario sobre “Email Márketing”, afondaremos nunha das ferramentas máis coñecidas e prestixiosas, Mailchimp. No Obradoiro coñeceremos todo o que a parte gratuita nos pode ofrecer, faremos un recorrido sinxelo polas súas seccións e tentaremos de crear unha campaña de email márketing. Aprendemos a crear listas das nosas bases de datos, deseñar e construir un formulario de subscrición e tamén faremos unha newsletter con todos os pasos necesarios. Non remataremos este Obradoiro sen pasar por alto información práctica que axudará a optimizar as campañas de emailing.

Índice:
1 Que é Mailchimp
2 Como crear un formulario de subscrición
3 Como deseñar unha campaña de email márketing
4 Información práctica.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Calendario eventos

« Outubro 2025 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento