Eventos
Eventos
Buscador
27/10/2025 11:30
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro céntrase en como unir e conectar diferentes pezas nun só proxecto. Exploraranse as ferramentas de montaxe, o que che permitirá definir os niveis de axuste e mobilidade, que son esenciais para simular o funcionamento dun produto na vida real. Índice de contidos: 1. Creación e organización de montaxes 2. Restricións e relacións entre pezas 3. Opcións de mobilidade e simulación O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor de CPED de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.