Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro, aprenderemos a crear vídeos para as redes sociais dun xeito sinxelo e creativo.

Exploraremos todo, dende os conceptos básicos da aplicación, como recortar e organizar clips, ata as técnicas para aplicar transicións, efectos e filtros, e todas as opcións integradas da aplicación, como os subtítulos, para darlles aos teus proxectos un estilo único. Finalmente, abordaremos como exportar e compartir vídeos nas redes sociais para que poidas compartilos facilmente.

Índice de contidos:

1. Introdución á aplicación
2. Recortar e organizar clips
3. Transicións, efectos e filtros
4. Subtítulos automáticos e outras opcións da aplicación
5. Exportar e publicar

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, licenciada en Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produtos e composición fotográfica creativa.
Este obradoiro será presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados)

Nesta segunda parte do obradoiro, buscamos afondar no uso de Make para levar as nosas automatizacións a un nivel intermedio. Centrarémonos en conceptos e ferramentas avanzadas como iteradores, webhooks, bases de datos, control de fluxo, variables e funcións, así como na aplicación de novos axentes de Intelixencia Artificial.

O obxectivo é formar profesionais e líderes empresariais para que poidan deseñar automatizacións máis completas, dinámicas e eficientes que optimicen os procesos e melloren a toma de decisións nas súas organizacións.

Índice de contidos:

1. Iteradores e agregadores
2. Webhooks, entrada e saída
3. Base de datos e aplicación en Make
4. Ferramentas de control de fluxo
5. Uso de variables e funcións en Make
6. Como usar os novos axentes de IA en Make
7. Custos

O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.

Calendario eventos

« Outubro 2025 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento