Eventos
Eventos
Buscador
20/10/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. O email márketing segue a ser unha ferramenta esencial na estratexia de márketing dixital de todo negocio. Tanto é así, que existen ferramentas que nos axudan a que este proceso se convirta en áxil, eficiente e rápido. Neste obradoiro, aprenderemos e coñeceremos a ferramenta Brevo e cómo sacarlle o mellor partido. Crearemos campañas de email, editaremos plantillas, comprobaremos para que serve cada sección da ferramenta e deixarémola configurada correctamente para mellorar a nosa produtividade. Índice de contidos: 1. Introdución a Brevo e a súa utilidade no márketing por correo electrónico. 2. Creación e xestión de campañas. 3. Edición e personalización de modelos. 4. Configuración de seccións e automatizacións. 5. Recomendacións e mellores prácticas para mellorar a produtividade. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Outubro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento