Eventos

Buscador

    a
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. 

Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado.

Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. 

Índice de contidos: 
. Introdución.
. Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas.
. Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade.
. Publicidade en Facebook: Facebook  ads e “Suxestións de Viaxe”.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.

Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Índice de contidos:
• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 

Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este obradoiro ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Índice de contidos:
•  Introdución a LinkedIn
•  Como funciona LinkedIn
•  Optimización de perfil
•  Xeración de rede de contactos
•  Creación de páxina de empresas
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
O obradoiro consistirá en orientar aos usuarios para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas datas. Aprenderán cales son as ferramentas e os pasos que han de seguir para que a campaña sexa exitosa.

Índice de contidos:
- Aumenta as túas vendas durante estas festas
- Como facer uso das túas redes sociais
- Que actividades pódense realizar
- Google  Adwords e Facebook  Ads
- Ferramentas de monitoraxe
- Exemplos de campañas exitosas

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.