Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste taller é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Google My Business está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

No mundo dixital, as imaxes e elementos visuais cobran máis protagonismo cada día, polo que simplificar a información e convertela nunha serie de estímulos visuais pode ser a clave para o noso éxito dixital. A infografía é "a representación visual de información e datos" unha colección de imaxes, gráficos e texto sinxelo (minimalista) que resume un tema para que poida ser comprendido facilmente.
Basicamente é un resumo visual dun tema específico se ten explicacións sinxelas ou datos representados.
Neste obradoiro aprenderemos que tipos de infografías fas, que vantaxes teñen para o noso negocio e incluso recursos e como crealas con Canva.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón: