Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro aprenderás os conceptos básicos e a importancia desta ferramenta dixital. 

Crearás a túa propia estratexia de email marketing, adaptada aos teus obxectivos. Ademais, compartirémosche trucos e consellos para mellorar os teus resultados. Xa sexa principiante ou teñas experiencia, este obradoiro brindarache os coñecementos necesarios para aplicar na túa propia estratexia. Un obradoiro práctico e útil para conectar mellor cos teus clientes.

Índice de contidos: 
1. Introducción ao email márketing 
2. Deseña a túa estratexia de email marketing 
3. Trucos e consellos

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.