Eventos

Buscador

    a
Coa regulación das vivendas de uso turístico en Galicia e noutras comunidades, ábrese un marco legal na súa comercialización en liña. Neste taller analizaremos algunhas das plataformas dixitais existentes no mercado que dan servizos de promoción e venda do noso aloxamento permitindo á viaxeiro confirmación en tempo real dos seus reservas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
As redes sociais son un dos recursos modernos que máis se utilizan para atraer a posibles consumidores cara aos nosos produtos ou servizos, xa sexan en liña ou de forma física ao noso local.

As fotografías para redes sociais deben atraer ao cliente, contar unha historia, ser creativas e destacar por encima das demais, para iso debemos saber nocións básicas de composición e planos. Veremos tamén como segundo a marca podemos crear diferentes estéticas que nos diferencian dos demais e fannos reconocibles na internet

Índice de contidos:
1. Que son as fotografías para redes sociais?
2. Claves para fotografías de RRSS.
3. Planos en función do obxecto ou suxeito.
4. Planos en función da cámara.
5. Que necesitamos para facer unhas boas fotografías?
6. Regras básicas de publicación en redes sociais.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.

Índice de contidos:

Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
Uso persoal vs. uso profesional
Aspectos a ter en conta
Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.

Índice de contidos:

• Introdución
• Como crear unha conta en Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un pin?
• Pinterest para negocios
• Recomendacións
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.

Índice de contidos:
1º Trello
• Que é?
• Por que empregalo?
• Comezando con Trello
2º Outros xestores de proxectos e tarefas
3º TOGGL: Contador de tempo

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Calendario eventos

« Abril 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30