Eventos
Eventos
Buscador
06/03/2025 12:00
Obradoiro telemático vía Zoom. Este obradoiro está dirixido a todos aqueles que teñan unha páxina web que os usuarios visitan, pero solicitudes de orzamento, chamadas, vendas, non chegan ou son menos do esperado. A nosa web ou tenda online é unha ferramenta para acadar unha serie de obxectivos como profesional ou empresa. Se non as estamos conseguindo, é necesario saber por que e como podemos solucionalo. Aquí é onde entra en xogo CRO (Conversion Rate Optimization). Neste obradoiro analizaremos este concepto, saberemos identificar por que os usuarios non se converten na nosa web e aprenderemos técnicas básicas, pero infalibles, para transformar os visitantes en clientes. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Licenciada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de marketing e xestión comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Tecnoloxías da Información Xestora pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia no deseño, desenvolvemento e xestión de proxectos web.
06/03/2025 17:00
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados) En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Índice de contidos: 1. Que é un Plan de Márketing Dixital 2. Por que o necesito? Beneficios 3. Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.