Eventos

Buscador

    a
Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática en nube (software como servizo). A aplicación distínguese pola súa interface gráfica con  zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación, nun espazo.

Índice de contidos:
- Primeiros pasos en  Prezi: Crear Conta e Escoller Persoal.
- A Interface de  Prezi: O lenzo, menú, barras, a contorna.
- Cambiar o Fondo.
- Inserir e Editar Textos.
- Inserir unha Imaxe
- Engadir, Modificar e Eliminar Marcos.
- Creando e Ordenando as Rutas.
- Inserir un  Link, Ligazón ou  Hipervínculo.
- Inserir un Vídeo.
- Como Engadir Efectos ás Imaxes.
- Como facer animacións en  Prezi
- Inserir un Documentos  Word, Excel ou PDF.
- Agregar Música de Fondo, Sons ou Voz.
- Compartir un  Prezi cos teus Amigos.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.