Eventos

Buscador

    a
Unha das dificultades coas que se atopan as pequenas e medianas empresas turísticas é a realización de trámites na administración pública vía electrónica.

Neste taller trataremos conceptos que van desde como acceder e modificar os datos que a Administración ten sobre el, o tramitar altas/baixas/cambios da túa empresa, solicitude e seguimento de subvencións, facturación, ata a participación en diferentes programas de promoción e comercialización dos entes de xestión turística.

Índice de contidos:
•  Turespazo:  extranet sectorial que se establece entre o sector turístico e a Administración Turística de Galicia a través de Internet.
• Firma dixital e facturación electrónica/  FACE.
• Entes de xestión turística: Turismo Rías Baixas, Turismo de Galicia e Mapa Xeodestinos turísticos.
• Exemplos e trámites para a participación en plans de promoción e comercialización de recursos turísticos: Ruta do veu Rías Baixas (Experiencias  enoturísticas), Galicia turismo rural (Experiencias), Turismo. gal (“Plans”).

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
- Oitavo programa – Man mecatronica, montaxe en chasis de man e programación
-  Mapear
-  Servos, IR,  potenciómetro, Chasis mano
-  Noveno Programa -  Lampara nocturna, montaxe en  protoboard do circuíto e programación da máquina de estados
-  Maquina de estados I
-  Leds,  pulsador,  LDR

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos.

Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing.  

Índice de contidos:
1. Introdución á analítica en Redes Sociais 
2. Obxectivos e métricas máis importantes
3. Análise por rede social
3.1. Facebook
3.2.  Instagram
3.3. Twitter
3.4.  Linkedin
4. Ferramentas de analítica

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O Social Media  Listening é unha ferramenta do márketing dixital que che permite crear contido co que crear  engagemente coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor.

Índice de contidos:
• Que é o Social Media Listening?
•  Por que utilizalo? Vantaxes
•  Aspectos crave
•  Ferramentas
•  Casos de éxito
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. 

Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación.

Índice de contidos:
• Planificación das miñas tarefas e reunións
• Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa
• Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación
• Conexión coa axenda de contactos
• Sincronización cos dispositivos móbiles

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Entendemos publicidade nativa como o uso de anuncios de pago que, principalmente, aseméllanse co aspecto e formato dos medios onde aparecen. Non teñen unha aparencia de anuncio como tal, senón que parecen que forman parte do contido da páxina. Por iso, a clave deste tipo de publicidade é que non é  disruptiva, é dicir, expón ao lector a contidos publicitarios sen sobresaír de maneira molesta.

Por iso, neste taller aprenderase que é a publicidade nativa e como se pode aplicar ao noso negocio ou proxecto. 

Índice de contidos:
- Que é a publicidade nativa
- Vantaxes
- Como facer publicidade nativa
- Formatos
- Casos de éxito
- Conclusións 

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.