Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

No mundo dixital a nosa web debe estar adaptada a calqueira dispositivo, dende un smartphone ata un ordenador con pantalla retina, pero nunca debe perder a rapidez á hora de cargar. As imaxes son un dos factores que más influen no tempo de carga da nosa web, e un dos que podemos controlar con maior facilidade.
Neste obradoiro aorenderemos diferentes técnicas para lograr optimizar as imaxes e que a nosa web vse visualice no menor tempo posible e desta maneira mellorar o SEO.

Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web.

1. Que é a optimización e porque debemos utilizala
2. Cómo ve-lo peso da nosa web
3. Tamanos segundo a orixe da imaxe
4. Técnicas de optimización
5. Formatos de imaxes comprimidas
6. Plugins de wordpress para comprimir imaxes.
7. Práctica: photopea e compresores en liña.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Calendario eventos

« Febreiro 2022 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28