Eventos
Eventos
Buscador
09/04/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Canso de subir contido que ninguén ve? O problema non é a túa cámara nin o teu deseño, é o teu guión. Neste obradoiro de 60 minutos, deixaremos de "facer posts" para empezar a dirixir historias. Aprenderás a estrutura de cine que engancha en 3 segundos e transforma o scroll infinito en vendas reais. Sen teoría aburrida, só ferramentas de director para emprendedores que queren resultados. Índice: 1. Por que o teu contido actual é invisible. 2. A estrutura de 3 actos: o mapa para non perder ao espectador. 3. Storytelling de impacto: como converter o teu produto no heroe. 4. O guión técnico: planos, ritmo e audio que xeran autoridade. 5. O corte do director: checklist para limpar o relleno e brillar. O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
14/04/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Neste obradoiro exploraremos un camiño claro en Instagram: identificando o que funciona e o que non, aprendendo a crear estratexias decisivas e comprendendo as métricas máis básicas que fundamentarán as túas decisións. Ao final, terás un método listo para implementar para a túa propia marca. Índicede contidos: 1. O contido que se publicará próximamente en Instagram 2. Estratexias sinxelas que non complican as cousas 3. Das métricas ás decisións O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital
22/04/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Este obradoiro práctico está deseñado para que pequenas empresas e emprendedores aprendan a crear a súa propia páxina web ou tenda online desde cero utilizando WordPress e o construtor visual Elementor. O obxectivo é dominar as ferramentas básicas —hosting, dominio e modelos— para construír un sitio profesional de forma rápida, visual e sen necesidade de coñecementos de programación. Índice Primeiros pasos: Conceptos de hosting e dominio. Plataforma de traballo: Que é WordPress?. Instalación técnica: Configuración de WordPress e o plugin Elementor. Deseño visual: Uso de modelos e personalización con Elementor. Conclusións: Optimización e mantemento da web. O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.