Eventos
Eventos
Buscador
13/02/2025 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados) Este obradoiro dirixido a pemes, autónomos e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar que é un Bot e como podemos utilizar os ChatBot como modelo da automatización da atención ao cliente. Índice de contidos: 1. Definición 2. Tipoloxías 3. Ferramentas para crear o noso propio ChatBot 4. Caso práctico: ChatBot para Facebook O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom. O mundo dixital representa un modelo de negocio e un crecemento empresarial. Por que este potencial non o poden empregar tamén asociacións, fundacións, cooperativas ou empresas con fins sociais? Neste taller revisaremos as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector para funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades. Índice de contidos: 1. Introdución. 2. Obxectivos e particularidades do terceiro sector no ámbito dixital. 3. Estratexias e canles de captación, captación de fondos e imaxe corporativa. 4. Ferramentas. 5. Exemplos de éxito. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.
26/02/2025 11:00
Obradoiro online a través de Zoom. A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. O Social Media Listening é unha ferramenta do márketing dixital que permite facer contido co que crear compromiso coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor. Índice de contidos: 1. Que é o Social Media Listening? 2. Por que utilizalo? Vantaxes 3. Aspectos clave para realizar un análise 4. Ferramentas 5. Casos real 6. Conclusións O obradoiro será impartido por Jose Luís Taboada, asesor da OAPR Cambados con 25 anos de experiencia no sector e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Febreiro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | ||
- Protección de datos para as pemes II - Defende a túa empresa15 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Fotografía e vídeo para redes sociais16 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Affinity by Canva V - Exportacion maestra19 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Mellora de procesos con IA I - Produtividade intelixente20 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Da idea, ata o proxecto de vida e negocio20 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
- Como sacarlle partido ao Instagram do teu aloxamento21 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento