Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro coñece as diferentes axudas e subvencións abertas e programadas en Galicia. Existen solucións para empresas de calquera tamaño, industria ou sector das que poderías beneficiarte. Anticípate e prepárate para poder solicitalas con maior garantía de éxito.

 Índice de contidos:
•	Axudas para poñer en marcha o teu negocio
•	Axudas para a consolidación e impulso
•	Axudas para a dixitalización e modernización da túa empresa
•	Outras Axudas. 

O obradoiro será impartido por María Agustina Pereira, estudou ciclo superior en Administración e finanzas e actualmente é xerente da empresa SI SUBVENCIONES. Nos últimos anos traballou como técnica de proxectos asesorando e tramitando axudas e subvencións a empresas e emprendedores.
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo.

“Ferramentas de imaxe con IA – Stable Diffusion, Dall-E 3, outros modelos.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que utilizan modelos de IA xerativa de imaxe como Stable Diffusion, Dall-E 3, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos.

Índice de contidos:

- Que son os modelos de IA xerativa de imaxe?
- Como interactuar con modelos de IA xerativa de imaxe
- Stable Diffusion Web
- Dall-E 3 con Bing
- Outros modelos
- Exemplos, Inpainting, Outpainting

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.




Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, dispositivos móbiles”, o obxectivo deste obradoiro é o de ver a importancia de protexer os dispositivos móbiles, cada vez somos máis dixitais e a tendencia é que os dispositivos móbiles están a desprazar aos PC na xestión cotiá no noso negocio, por tanto cobra unha especial relevancia o protexelos da mellor maneira posible.

Índice de contido:

-Consideracións sobre PC e dispositivos móbiles
-Como protexer os dispositivos móbiles


O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
“Reciclando Plástico con Aventura Plástica” é un obradoiro divulgativo co obxectivo de concienciar sobre a problemática do plástico, para iso contamos con Alba e Fabián que son o alma mater de Aventura Plástica, proxecto que levan impartindo dende 2018 nunha forma divertida e práctica de reducir e transformar os residuos plásticos no medio ambiente, así como de concienciar sobre o problema do plástico, un problema global que nos afecta a todos.

O obradoiro celebrarase no local de Aventura Plástica en Gondomar e ensinaranos de forma práctica os diferentes procesos para poder reciclar plástico.