Eventos
Eventos
Buscador
Os dispositivos móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista. Índice de contidos: . Introducción. . Qué é o Mobile Marketing? . Ferramentas do marketing móvil. . Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
18/12/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
18/12/2018 19:00
Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática en nube (software como servizo). A aplicación distínguese pola súa interface gráfica con zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación, nun espazo. Índice de contidos: - Primeiros pasos en Prezi: Crear Conta e Escoller Persoal. - A Interface de Prezi: O lenzo, menú, barras, a contorna. - Cambiar o Fondo. - Inserir e Editar Textos. - Inserir unha Imaxe - Engadir, Modificar e Eliminar Marcos. - Creando e Ordenando as Rutas. - Inserir un Link, Ligazón ou Hipervínculo. - Inserir un Vídeo. - Como Engadir Efectos ás Imaxes. - Como facer animacións en Prezi - Inserir un Documentos Word, Excel ou PDF. - Agregar Música de Fondo, Sons ou Voz. - Compartir un Prezi cos teus Amigos. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
18/12/2018 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos: • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
18/12/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
20/12/2018 19:00
Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática en nube (software como servizo). A aplicación distínguese pola súa interface gráfica con zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación, nun espazo. Índice de contidos: - Primeiros pasos en Prezi: Crear Conta e Escoller Persoal. - A Interface de Prezi: O lenzo, menú, barras, a contorna. - Cambiar o Fondo. - Inserir e Editar Textos. - Inserir unha Imaxe - Engadir, Modificar e Eliminar Marcos. - Creando e Ordenando as Rutas. - Inserir un Link, Ligazón ou Hipervínculo. - Inserir un Vídeo. - Como Engadir Efectos ás Imaxes. - Como facer animacións en Prezi - Inserir un Documentos Word, Excel ou PDF. - Agregar Música de Fondo, Sons ou Voz. - Compartir un Prezi cos teus Amigos. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento