Eventos
Eventos
Buscador
04/05/2020 12:00
Contido: 1. A comida é a protagonista 2. Que temos que ter en conta? 3. Iluminación 4. Composición e encadre 5. Atrezo 6. Tips de fotografía 7. Apps para editar fotografía gastronómica O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
05/05/2020 12:00
O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
05/05/2020 17:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
06/05/2020 12:00
Internet supón un cambio na toma de decisión do cliente á hora de escoller un establecemento ou outro. O que antes se facía a través do boca a boca, hoxe, co uso da internet e os dispositivos móbiles, estamos expostos a diferentes portais ou foros onde estas opinións poden resultar beneficiosas sabendo como xestionalas. Índice de contidos: • Internet e as tecnoloxías da información • Exemplos de Portais de opinión. • Ferramentas de monitoraxe. • Técnicas de márketing útiles. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
07/05/2020 12:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
07/05/2020 17:00
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
08/05/2020 12:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar. O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. Contidos: • Que é Inbound Márketing • Beneficios do Inbound Márketing • Como se articula o Inbound Márketing • Márketing de atracción • Como crear a túa buyer persoa ideal • A importancia do funnel ou embude de conversión • Tendencias en Inbound Márketing O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
11/05/2020 17:00
Obxectivo O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a Intelixencia Artificial e as súas variantes Machine Learning e Deep Learning, clarificar conceptos e usos actuais Contidos 1- Comenzos da AI 2- Evolución 3- Primeira Clasificación 4- Machine Learning e os seus usos. 5- Deep Learning e os seus usos. 6- Recoñecemento de imaxes, como funciona 7- Obradoiros en Barro de AI O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
12/05/2020 12:00
Contidos: Que é o Copywriting? Tipos de Copywriting Como escribir un bo copy Como usar o copywriting na miña web Como usar o copywriting nas miñas redes sociais O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
12/05/2020 17:00
O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Rexistro
Calendario eventos
« | Maio 2020 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Programación con Arduino Módulo I - Parte I18 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento