Eventos
Eventos
Buscador
16/01/2025 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados) Linkedin é unha das mellores e máis valoradas redes sociais por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede profesional de contactos. Destinado a fortalecer e ampliar as túas conexións profesionais e empresariais, Linkedin está situado nunha das principais redes sociais que toda empresa debería xestionar. Por iso, este obradoiro pretende coñecer a rede social, coñecer o seu funcionamento e así poder sacarlle o máximo proveito. Índice de contidos: 1. Introdución a Linkedin 2. Perfil profesional 3. Xeración dunha Rede de contactos 4. Páxina da empresa 5. Promove os teus produtos e/ou servizos 6. SEO para Linkedin O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
23/01/2025 11:00
Obradoiro online a través de Zoom. Este obradoiro está pensado para dar os primeiros pasos en Google Analytics 4, a última versión por excelencia para realizar un seguimento profesional de todo o que acontece na túa web. O obxectivo da sesión é que quen queira comezar a medir no seu sitio descubra os conceptos básicos de GA4. Para iso, facemos un percorrido polas particularidades da ferramenta e a súa estrutura de informes. Índice de contidos: 1. Comparación de versións de GA 2. Que é GA4 3. Diferenzas entre Universal Analytics e GA4 4. Informes 5. Comprenda os visitantes do seu sitio web 6. Exploracións 7. Consellos 8. E... Que pasa cos meus datos históricos de Universal Analytics (UA)? O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
29/01/2025 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Contidos: • Que é un Plan de Márketing Dixital • Por que o necesito? Beneficios • Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Xaneiro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
- Affinity by Canva II - marca e coherencia09 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Planificación financieira para emprendedores10 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Crea campañas de nadal para aumentar as reservas do teu aloxamento11 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Affinity by Canva III - Affinity Photo: edición profesional12 de decembro de 2025 12:00Máis información
- A evolución dos pagos dixitais: Bizum, presente e futuro no eCommerce15 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade IV - redes: protexe os datos da túa empresa16 de decembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento