Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Recomendable: descargar a app Inshot no teléfono móbil antes do obradoiro para ir practicando á vez.

Os vídeos cobran forza nas redes sociais, unha fotografía xa non é suficiente para chegar ao noso público. Se queres ter as rendas das pezas audiovisuais do teu negocio, aprende a editar desde o teu teléfono con inshot, neste taller veremos as ferramentas básicas para comezar a editar nós mesmos.

1. Posibles usos da aplicación

2. Ferramentas e funcionamento

3. Curta edición e edición de vídeo

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Chamamos inbound márketing á metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas do márketing e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cun usuario desde que coñece a nosa marca, acompañándoo ata a conversión ou venda final.

- A importancia do funnel ou embudo de conversión
- 5 pasos para realizar unha campaña de Inbound Márketing
- Ferramentas
- Tendencias de Inbound Márketing
- Casos de éxito
- Conclusións

O taller será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Coa regulación das vivendas de uso turístico en Galicia e noutras Comunidades, ábrese un marco legal na súa comercialización on-line.

Neste taller analizaremos algunhas das plataformas dixitais existentes no mercado que dan servizos de promoción e venda do noso aloxamento permitindo á viaxeiro confirmación en tempo real dos seus reservas.

O taller será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste taller coñeceremos máis de preto que é un Ecommerce e como funcionan. Ensinarase que necesitas para ter a túa tenda en liña tanto se es unha persoa que xa ten unha tenda en liña e interésache coñecer máis acerca do seu negocio, como optimizalo ou levalo a un seguinte nivel coma se estás a pensar en iniciarche neste mundo tamén xa que che brindará máis coñecemento de como iniciar con bo pé o teu negocio en liña. Veremos puntos como:

•	Que é un Ecommerce
•	Tipos de Ecommerce
•	Consellos para un Ecommerce
•	Anatomía dun Ecommerce
•	Aspectos a ter en conta na túa Ecommerce

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio.

Índice:
1. Google Analytics: Comparativa de versións
2. Crear propiedade de Google Analytics 4
3. Interface, informes e configuracións recomendadas
4. Comprende aos visitantes da túa web

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

En España hai 20 millóns de usuarios de Instagram que pasan unha media de case unha hora na aplicación consumindo fotos e vídeos.
Se tes unha casa rural, vivenda turística ou un pequeno hotel podes utilizar esta rede ao teu favor para chegar a máis clientes.

Neste obradoiro falaremos de:

1.	Como funciona o algoritmo de Instagram e como utilizalo ao noso favor
2.	Como facer Stories e para que sirven
3.	Que é un Reel e como funcionan
4.	Vender a través de Instragram Shop
5.	Outras ferramentas: Instragram Guides

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contido:
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:

1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

No mundo dixital a nosa web debe estar adaptada a calqueira dispositivo, dende un smartphone ata un ordenador con pantalla retina, pero nunca debe perder a rapidez á hora de cargar. As imaxes son un dos factores que más influen no tempo de carga da nosa web, e un dos que podemos controlar con maior facilidade.
Neste obradoiro aorenderemos diferentes técnicas para lograr optimizar as imaxes e que a nosa web vse visualice no menor tempo posible e desta maneira mellorar o SEO.

Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web.

1. Que é a optimización e porque debemos utilizala
2. Cómo ve-lo peso da nosa web
3. Tamanos segundo a orixe da imaxe
4. Técnicas de optimización
5. Formatos de imaxes comprimidas
6. Plugins de wordpress para comprimir imaxes.
7. Práctica: photopea e compresores en liña.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
1  2  Seguinte