Eventos
Eventos
Buscador
01/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Os infoprodutos son un negocio máis para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles. Neste obradoiro coñecerás que son os infoprodutos e como che poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Aprenderemos os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e cómo elaboralo seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito. ÍNDICE 1. Que son os infoprodutos 2. Tipos de infoprodutos 3. Pasos básicos para crear un infoproduto O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
02/09/2020 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste Obradoiro é coñecer a adaptación das empresas turísticas á situación vivida polo COVID-19, coñecer cales son os novos avances en tecnoloxía a utilizar, como podemos obter os novos selos de turismo seguro, que entidades subvencionan ou axudan aos establecementos e cales son as medidas recomendadas a seguir para poder sair adiante. Os puntos a tratar son os seguintes: 1) Códigos QR 2) Tour Virtual de Google 3) Selos COVID 4) Axudas e subvencións 5) Outras medidas O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector. Inscricións a través da seguinte ligazón:
03/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Índice: Conceptos básicos Que é o Blockchain Vinculación co Bitcoin Identidade Dixital Smart Contract Exemplos de uso O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
04/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto? 4. Elementos para realizar as fotografías. 5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.) 6. Práctica de edición como programa on- line. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
07/09/2020 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom No contexto actual a transformación dixital acelerouse no sector da hostelaría. As ferramentas dixitais convertironse nun aliado imprescindible para a reapertura e competitividade dos establecimentos de restauración. Reduceuse o aforo, non podemos entregar a carta, é necesario evitar o contacto físico, etc polo que necesitamos implementar novas ferramentas que nos faciliten formulas seguras, confiables e a vez sinxelas e áxiles. Con solucións para a promoción, comercialización e distribución, a xestión, a seguridade, a operativa e a experiencia dos usuarios teñen aflorado multitude de aplicacións, programas de softwere e canles de comercialización online que chegaron para integrarse no noso día a día. Contidos: Cartas dixitais Motores de reservas Delivery e take away Ferramentas de pago Outras iniciativas de interese. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. Inscricións a través da seguinte ligazón:
08/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Este obradoiro dirixido a PEMES e persoas autónomas, tratará de ampliar os teus coñecementos para a xestión dun negocio cara Internet desenvolvendo as estratexias de márketing online adecuadas para optimizar os resultados. Aprende a xestionar todo tipo de campañas de márketing (SEO, SEM, afiliación, e-mail márketing, mobile márketing, etc.) coas ferramentas máis efectivas. Contidos: • Introdución • Investigación en liña • Investigación e posicionamento • Analítica O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. Inscricións a través da seguinte ligazón:
09/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O email márketing segue a ser unha ferramenta esencial na estratexia de márketing dixital de todo negocio. Tanto é así, que existen ferramentas que nos axudan a que este proceso se convirta en áxil, eficiente e rápido. Neste obradoiro, aprenderemos e coñeceremos a ferramenta Sendinblue e cómo sacarlle o mellor partido. Crearemos campañas de email, editaremos plantillas, comprobaremos para que serve cada sección da ferramenta e deixarémola configurada correctamente para mellorar a nosa produtividade. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
10/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obxectivo O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a Intelixencia Artificial e as súas variantes Machine Learning e Deep Learning, clarificar conceptos e usos actuais Contidos 1- Comenzos da AI 2- Evolución 3- Primeira Clasificación 4- Machine Learning e os seus usos. 5- Deep Learning e os seus usos. 6- Recoñecemento de imaxes, como funciona 7- Obradoiros en Barro de AI O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
11/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
14/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Elementor é un construtor gratuito de páxina de WordPress. Isto quere dicir que che permite crear sitios web de WordPress profesionais da forma máis doada e rápida posible, sen tocar código e sen saber de programación. Neste obradoiro aprenderemos a instalalo, configuralo e traballar con el para crear a nosa páxina web ou tenda dende 0. Índice de contidos 1. Primeiros pasos 2. Instalación de WordPress e Elementor 3. Como deseñar con Elementor 4. Conclusións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« | Setembro 2020 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 |
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento