Eventos

Buscador

    a
Un CRM ou " Customer Relationship Management" é unha ferramenta que permite centralizar nunha única base de datos todas as interaccións entre unha empresa e os seus clientes de forma clara e organizada. Está orientada a xestionar tres áreas básicas: a xestión comercial, o márketing e servizo postventa ou de atención ao cliente. 

Neste obradoiro, crearemos de cero un CRM, paso por paso, e coñeceremos das funcionalidades mais importantes para comezar a empregalo e sacarlle o máximo partido.

Índice de contidos:
- Introdución
- Concepto de CRM
- Características do CRM
- Zoho CRM
- Sugar CRM

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Este obradoiro céntrase no posicionamento SEO, a tipoloxía interna e externa e as técnicas que existen actualmente para poder impulsalo e mellorar o tráfico da nosa páxina web. Ademais explícase con detalle as accións que non debemos levar a cabo xa que Google penaliza e pode chegar a eliminar a páxina web dos resultados de procura.

Índice de contidos:

- Introdución . Conceptos básicos.
- Que é SEO? Técnicas SEO.
- Posicionamento interno
- Posicionamento externo
- Penalización nos motores de búsqueda
- Ferramentas SEO
- Taller SEO
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio.	

Índice de contidos:

• Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais?
• Uso persoal vs. uso profesional
• Aspectos a ter en conta
• Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. 
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.

Índice de contidos
Contido:
1º Trello
• Que é?
• Por que empregalo?
• Comezando con Trello
2º Outros xestores de proxectos e tarefas
3º TOGGL: Contador de tempo

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
A identidade dunha empresa represéntase a través dun conxunto de elementos ou símbolos que son capaces de definir o concepto de marca. A través deses elementos ou símbolos, a nosa imaxe convértese en única e reconocible ante o mundo. 

É por iso que temos que destinar esforzos a crear unha identidade visual sólida, reconocible universalmente, que teña sentido e correspóndase coa misión e valores da empresa.


Índice de contidos:
1. Que saber antes de empezar a crear a nosa identidade?
2. Que hai que ter en conta para elixir nome e deseño
3. Que hai que ter en conta para elixir o estilo para a nosa identidade
4. Práctica: Creación do logotipo con Canva
5. Consellos finais

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Anterior  1 2 3 4 5