Eventos
Eventos
Buscador
11/06/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Obradoiro práctico enfocado na optimización de WhatsApp Business como canle estratéxica de venda e fidelización local. Analízase a configuración do perfil profesional, o despregue de automatizacións, a xestión eficiente de catálogos e o deseño de campañas de márketing directo. Unha formación directa deseñada para dixitalizar a atención ao cliente, axilizar procesos comerciais e potenciar as conversións en micronegocios. Índice de contidos: 1. Introduución a WhatsApp 2. WhatsApp vs. WhatsApp Business 3. Crear unha conta en WhatsApp Business 4. Novas funcionalidades O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
18/06/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro pode axudarche a convertir as visitas en clientes, grazas ás palabras. Descubre como comunicar o valor dos teus produtos ou servizos de xeito claro, natural e persuasivo. Se tes unha tenda en liña, mellora as fichas de produto; se tes unha páxina web, dálle unha volta aos teus textos nesta formación. Índice de contidos: 1. Que é o copywriting e por que inflúe nas túas ventas 2. Como escribir textos que conecten 3. Copys para páxinas clave: inicio, sobre nós, servizos… 4. Copys para fichas de produto O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
25/06/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Formación técnica e introductoria sobre o impacto real da intelixencia artificial aplicada ao marketing dixital contemporáneo. O programa profunda en ferramentas clave para a automatización de contidos, optimización SEO e xestión avanzada de plataformas CRM. Deseñado para integrar solucións algorítmicas na estratexia de negocio, maximizando a eficiencia operativa e a toma de decisións baseada en datos. Índice de contidos: 1. Que é a IA e as súas orixes? 2. O impacto da IA no marketing 3. Aplicacións da IA no marketing 4. Ferramentas de IA orientadas ao mundo do marketing O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.