Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático vía Zoom.

Este obradoiro está dirixido a todos aqueles que teñan unha páxina web que os usuarios visitan, pero solicitudes de orzamento, chamadas, vendas, non chegan ou son menos do esperado. 

A nosa web ou tenda online é unha ferramenta para acadar unha serie de obxectivos como profesional ou empresa. Se non as estamos conseguindo, é necesario saber por que e como podemos solucionalo. Aquí é onde entra en xogo CRO (Conversion Rate Optimization). 

Neste obradoiro analizaremos este concepto, saberemos identificar por que os usuarios non se converten na nosa web e aprenderemos técnicas básicas, pero infalibles, para transformar os visitantes en clientes.

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Licenciada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de marketing e xestión comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Tecnoloxías da Información Xestora pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia no deseño, desenvolvemento e xestión de proxectos web.
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados)

En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais.

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Índice de contidos:
1. Que é un Plan de Márketing Dixital
2. Por que o necesito? Beneficios
3. Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, Antivirus, actualización do software”, o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer dous das contramedidas básicas que debemos tomar, a necesidade de ter todo o software actualizado para corrixir vulnerabilidades, a utilización e elección dun antivirus, cal e por que.

Índice de contido:
1. Actualización de software
2. Antivirus, cal e por que

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED de Barro-Meis con mais de 30 anos de experiencia en TIC, especializado en redes, sistemas, IA e seguridade.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1. Que é WordPress? Instalación
2. Administración do sitio web
3. Configuración básica
4. Xestión de temas
5. Engade publicacións no blog
6. Engade páxinas ao sitio web
7. Xestión de menús
8. Xestión de complementos
9. Xestión de comentarios
10. Xestión de usuarios
11. Exportación e importación
12. Actualizacións

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas).

Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Índice de contidos
1. A nube: concepto e analoxías
2. Por que almacenar na nube?
3. Vantaxes e desvantaxes
4. Dropbox
5. Vinculación de conta
6. Google Drive
7. OneDrive
8. Box

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro faremos unha breve introdución ao Copywriting e as técnicas de escritura que podemos aplicar para crear textos que vendan mellor os teus servizos. Trátase de utilizar palabras que conecten cos viaxeiros e así poidas convertelos en clientes do teu destino, aloxamento ou actividade turística que organices. Estes textos serán un dos elementos máis importantes na túa estratexia de comunicación dixital.

Índice de contidos:
1. Que é o copywriting?
2. Beneficios que achega ao teu negocio
3. Técnicas e pasos a seguir
4. Exemplo e boas prácticas

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Obradoioro telemático a través de Zoom.

Se es novo en Instagram ou non entendes moi ben esta rede social, este é o teu obradoiro. Comezaremos en Instagram dende o principio, vendo cada unha das opcións que nos ofrece a nivel visual, contidos, tendencias...

Índice de contidos:
1. Que é Instagram?
2. Tipos de contas.
3. Explora a túa conta.
4. Optimice o seu perfil.
5. Contidos básicos para o noso IG.
6. Especificacións de cada contido.
7. Interacción.

Se aínda non sabes por onde comezar con Instagram para a túa empresa, comeza con esta primeira parte de Instagram para principiantes.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Licenciada Superior en Educación Artística en Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Aínda que a RSC (Responsabilidade Social Corporativa) pode parecer máis ligada a grandes empresas, a súa aplicación nas PEMES é máis natural, dada a súa maior relación coa contorna e a súa proximidade aos clientes. Cada vez máis empresas españolas apostan por políticas ambientais, sociais e económicas independentemente do seu tamaño, co fin de mellorar a súa contorna e a percepción que teñen os seus clientes sobre elas.

Índice de contenidos:
1. Que é a RSC?
2. Beneficios
3. Actualidade en Pemes españolas
4. Exemplos de casos reais
5. Conclusións

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empleabilidade, emprego e emprendemento.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

“Ciberseguridade, o Phishing”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Phishing que é a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva por tanto é fundamental coñecelo, saber as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificalo con eficacia.

Índice de contido:
1. Que é o Phishing.
2. Tipos de Phishing,
3. Como protexernos.

O obraodiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED de Barro-Meis con mais de 30 anos de experiencia en TIC, especializado en redes, sistemas, IA e seguridade.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Aprende e resolve todas as túas dúbidas sobre o novo informe de viaxes de SES Hospederias con este obradoiro. Exploraremos a nova normativa, os seus cambios e os seus desenvolvementos no rexistro. Mantente ao día das túas obrigas de hospedaxe!

Índice de contidos:
1. Normativa e Obrigas
2. Novidades e cambios no rexistro de viaxeiros
3. Como rexistrarse en SES Hospedaxes
4. Plataformas de envío automático

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
1  2  Seguinte