Eventos
Eventos
Buscador
01/06/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tareas. En mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I tratarase: 1) Teletraballo e produtividade 2) Trello O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa Inscricións a través da seguinte ligazón:
02/06/2021 18:00
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice Contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Inscricións a través da seguinte ligazón:.
03/06/2021 12:00
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
08/06/2021 12:00
Taller telemático a través de Zoom. Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas. En Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II, tratarase sobre outras ferramentas de produtividade como: Evernote, Todoist, Toggl e Slack. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados. Índice Contidos 1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización. 2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding. 3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Inscricións a través da seguinte ligazón:
10/06/2021 12:00
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
15/06/2021 10:00
Neste taller dedicado a empresas, persoas emprendedoras e autónomos do sector turístico, falaremos das tendencias de viaxe globais e locais, aprenderemos como converterse en anfitrión de aloxamentos e cales son as condicións e vantaxes de formar parte dunha plataforma dixital. 1. SmartPeme e Airbnb 2. Tendencias de viaxes e turismo rural 3. Ofrecer aloxamentos en Airbnb 4. Recursos 5. Preguntas e respostas O taller será impartido por Carla Moreno de Tejada unha das market manager dos aloxamentos Airbnb en España e Portugal. Desde 2019, encárgase de axudar aos anfitrións locais a facer crecer o seu negocio e a súa competitividade a través a creación e optimización dos seus aloxamentos en Airbnb
16/06/2021 10:00
Neste taller dedicado a empresas, persoas emprendedoras e autónomos do sector turístico e recreativo, falaremos das tendencias de viaxe global e local, aprenderemos que son as experiencias de Airbnb, as vantaxes de converterse en anfitrión de experiencias e como escribir unha boa experiencia. 1. SmartPeme & Airbnb 2. Tendencias de viaxes e turismo rural 3. Crear experiencias en Airbnb 4. Recursos 5. Preguntas e respostas Este taller será impartido por Federica Petruccio, market manager das experiencias Airbnb en España e Portugal. Desde 2018, encárgase de axudar aos anfitrións locais a facer crecer o seu negocio e a súa competitividade a través a creación e optimización das experiencias en Airbnb
Prestashop é un Sistema de xestión de contidos (CMS) libre e de código aberto, pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións. O obxectivo destes talleres é falar sobre o e- commerce e instalar a nosa tenda de Prestashop, coñecela, cargar produtos, actualizala, adaptándoa ás necesidades do negocio. Parte I: • Que é o E- commerce? • Tipos de E- commerce. • Aspectos Legais do E- commerce. • Como funciona unha Tenda En liña? • Aspectos a ter en conta na estrutura da túa tenda. • Como instalar a túa Tenda En liña? O tobradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros. Inscricións na seguinte ligazón:
17/06/2021 12:00
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2021 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 |
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento