Eventos
Eventos
Buscador
02/10/2018 19:00
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este obradoiro ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos: • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
02/10/2018 19:00
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes. Índice de contidos: - Por que usar Facebook para a miña empresa? - Crea unha páxina para a túa empresa - Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa - Descobre os beneficios de Facebook Ads - Estas son as ferramentas de axuda de Facebook Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
02/10/2018 19:00
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado. Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. Índice de contidos - Introdución. - Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas. - Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade. - Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Con este obradoiro axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos. Índice de contidos - Que é un dominio e tipos de dominio - Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións - Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros? - Pasos a realizar para a contratación dun dominio - Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos - Características que pode ofrecernos un aloxamento - Exemplos de empresas provedoras de aloxamento - Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
04/10/2018 19:00
As estratexias do marketing turístico están a evolucionar rápidamente nos últimos anos e as pymes turísticas teñen por diante un gran reto para non quedarse atrás. Estar ao tanto das estratexias e tendencias no marketing e no turismo é preciso para triunfar nun sector tan dinámico. Conocer sus claves actuales es imprescindible para obter unha vantaxe competitiva e optimizar os recursos cós que nos promocionamos. Índice de contidos: . Introdución. . Novas tendencias no sector turístico . Estratexias de marketing para aumentar a túa visibilidade. . Consellos e recomendacións para mellorar os resultados. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
04/10/2018 19:00
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes. Índice de contidos: - Por que usar Facebook para a miña empresa? - Crea unha páxina para a túa empresa - Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa - Descobre os beneficios de Facebook Ads - Estas son as ferramentas de axuda de Facebook O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
06/10/2018 10:00
Sesión colaborativa na que se formula un reto de negocio e se desenvolven e proban por equipos solucións e prototipos que dean resposta Para confirmar a vosa asistencia, sería necesario tamén inscribirse no seguinte formulario (https://www.depo.gal/coworking-en-pontevedra/obradoiros-fab-lab). O taller será impartido por Fernando A. Coladas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional.
09/10/2018 18:00
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Neste obradoiro coñeceremos Google Analytics, a ferramenta de analítica web gratuíta máis estendida pola súa eficacia, capacidade de personalización e sinxeleza de implementación. Índice de contidos • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta e código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Os obxectivos – Embudes de conversión • Informes estándar • Informes personalizados O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
09/10/2018 18:00
Este obradoiro céntrase no posicionamento SEO, a tipoloxía interna e externa e as técnicas que existen actualmente para poder impulsalo e mellorar o tráfico da nosa páxina web. Ademais explícase con detalle as accións que non debemos levar a cabo xa que Google penaliza e pode chegar a eliminar a páxina web dos resultados de procura. - Introdución. Conceptos básicos. - Que é SEO? Técnicas SEO. - Posicionamento interno - Posicionamento externo - Penalización nos motores de procura - Ferramentas SEO - Taller SEO Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
09/10/2018 18:00
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Neste obradoiro coñeceremos Google Analytics, a ferramenta de analítica web gratuíta máis estendida pola súa eficacia, capacidade de personalización e sinxeleza de implementación. Índice de contidos • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta e código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Os obxectivos – Embudes de conversión • Informes estándar • Informes personalizados O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento