Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais.

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Contidos:
• Que é un Plan de Márketing Dixital
• Por que o necesito? Beneficios
• Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain.
No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede.
No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc...
No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven.
Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos.

Índice:

1	Conceptos básicos.
2	Rede centralizada e rede distribuída.
3	Que é a Blockchain?
4	Internet do valor.
5	Token dixital.
6	Smart Contract.
7	Exemplos de uso.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Un podcast é unha publicación de audio dixital dispoñible en internet e aplicacións. O éxito do Podcast é que é un bo método para asimilar conceptos completamente compatibles con outras actividades. En comparación coa lectura ou visualización de vídeos, este formato require menos esforzo, o que non significa que se lle preste menos atención, senón que sexa máis doado centrar a atención.
Como empresa / marca, que me pode aportar a creación de Podcasts? Sitúate principalmente como experto na materia e, por suposto, destacas da túa competencia. "

- Que son os podcasts?
- Beneficios de crear o teu propio Podcast
- Formato de contido
- Como facer un Podcast?
- Casos de éxito

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Dentro deste itinerario sobre “Email Márketing”, afondaremos nunha das ferramentas máis coñecidas e prestixiosas, Mailchimp. No Obradoiro coñeceremos todo o que a parte gratuita nos pode ofrecer, faremos un recorrido sinxelo polas súas seccións e tentaremos de crear unha campaña de email márketing. Aprendemos a crear listas das nosas bases de datos, deseñar e construir un formulario de subscrición e tamén faremos unha newsletter con todos os pasos necesarios. Non remataremos este Obradoiro sen pasar por alto información práctica que axudará a optimizar as campañas de emailing.

Índice:
1	Que é Mailchimp
2	Como crear un formulario de subscrición
3	Como deseñar unha campaña de email márketing
4	Información práctica.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a Whatsapp
• Whatsapp vs. Whatsapp Business
• Novas funcionalidades
• Whatsapp Márketing

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain.
No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede.
No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc...
No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven.
Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos.

Índice:
 
1	Que motiva a creación de criptomonedas.
2	Bitcoin.
3	Outras criptomonedas, Ether, rede Ethereum.
4	Minado de criptos, pool de minería.
5	Comprar e vender criptos, Coinbase, Binance.
6	Situación actual.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Anterior  1 2