OnShape 5 - Montaxe ou ensamblado de pezas

Data Inicio:  27/10/2025 11:30    
Data Fin:  27/10/2025 13:00 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro céntrase en como unir e conectar diferentes pezas nun só proxecto. Exploraranse as ferramentas de montaxe, o que che permitirá definir os niveis de axuste e mobilidade, que son esenciais para simular o funcionamento dun produto na vida real.

Índice de contidos:

1. Creación e organización de montaxes
2. Restricións e relacións entre pezas
3. Opcións de mobilidade e simulación

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor de CPED de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.
Url do Evento: https://forms.gle/Y7KPDPemcDGSjTJXA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse