Fuente:
A moda da IA chega á declaración da renda, pero, é segura?
O uso de ferramentas de intelixencia artificial (IA) para realizar a declaración da renda gaña popularidade, aínda que as persoas expertas advirten de riscos relacionados coa seguridade e a protección de datos persoais.
O emprego da IA para elaborar a declaración da renda estase a estender entre a cidadanía como unha maneira de simplificar trámites e aforrar tempo. Estas ferramentas permiten resolver dúbidas fiscais, simular resultados ou xerar borradores de forma rápida, o que incrementou o seu uso no ámbito persoal e económico.
Porén, as persoas especialistas advirten de que introducir datos fiscais e financeiros en aplicacións de IA pode implicar riscos de seguridade, especialmente cando se trata de plataformas externas que non garanten un control axeitado da información. A cesión de datos sensibles pode derivar en filtracións, accesos non autorizados ou usos indebidos da información persoal.
Ante esta situación, recoméndase extremar a precaución, empregar unicamente canles oficiais ou ferramentas autorizadas e desconfiar de aplicacións que non ofrezan garantías claras en materia de protección de datos, evitando que a comodidade dixital comprometa a seguridade fiscal e persoal das persoas contribuíntes.