Actualidad

« Atrás

La Diputación de Pontevedra programa un nuevo ciclo de talleres para micropymes y autónomos en el CPAE 2.0

Fecha:  martes, 19 de mayo de 2015

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación  de Pontevedra, que presta asesoramento no eido das TIC a pequenas empresas e autónomos da provincia, programou para este mes de maio 38 obradoiros de capacitación tecnolóxica nos seis puntos CPAE 2.0 situados en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.
 
A Deputación de Pontevedra acaba de lanzar un novo ciclo de obradoiros de capacitación tecnolóxica co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías e a adopción das tecnoloxías da información entre as microempresas e autónomos da provincia, facilitándolles o acceso a diversas ferramentas tecnolóxicas para conseguir que sexan máis produtivas e competitivas no mercado. Desde esta semana e ata o final de mes realizaranse un total de 38 obradoiros nas aulas de actividades anexas ós despachos de asesoramento en cada un dos seis puntos do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0), nos que se atende ás micropemes e autónomos sen custo ningún, ofrecendo un asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado. Estes puntos CPAE 2.0 situados en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo son atendidos por asesores TIC especializados e ademais cóntase cunha oficina coordinadora en Pontevedra a onde se derivan as consultas máis complexas e se xeran todos os contidos. Ademais do servizo de capacitación tecnolóxica a Deputación ofrece outros cinco servizos máis: o de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC, o de titorización na incorporación das Novas Tecnoloxías, a demostración de produtos e solucións TIC, o acompañamento para o uso do comercio electrónico e, finalmente, o servizo de procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.
 
O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) leva prestando estes servizos especializados para empresas desde 2014. Cabe subliñar que xa utilizaron os servizos dispoñibles máis de 2.500 empresas, das cales o 75 % son micropemes e o 25 % son profesionais autónomos. Por outra banda estase asesorando na actualidade a máis de 936 empresas e autónomos que o solicitaron. Resolvéronse un total de 2.511 consultas de distintas temáticas, que van desde como ter presenza na rede internet, márketing en liña, o uso das redes sociais, ferramentas de xestión empresarial, comercio electrónico, certificados dixitais, facturación electrónica, etc.
 
Entre estes novos obradoiros para o mes de maio destacan os relativos á factura electrónica, que se desenvolverán en todos os puntos CPAE 2.0 e nos que se facilitará a pequenas empresas e autónomos ferramentas para a facturación electrónica co conseguinte aforro en custos e a mellora da eficiencia das empresas. Tamén se facilitará o proceso para que as empresas sexan capaces de facturarlles electronicamente ás administracións públicas, requisito obrigatorio a partir do vindeiro 15 de xaneiro.
 
Ademais haberá obradoiros que tratarán, dunha forma práctica, sobre como crear unha web de empresa en pouco tempo, de como ter presenza na rede e practicar as técnicas de posicionamento en buscadores ou como traballar nas redes sociais e obter un maior número de seguidores. Tamén se tratará a utilización eficiente de Google, Google Apps for Work, recursos e ferramentas para os negocios, almacenamento na nube, comercio electrónico e aplicacións móbiles para micropemes, etc.
 
Xunto co servizo de información, a análise e o asesoramento personalizado, o servizo de capacitación tecnolóxica é o máis demandado polos empresarios e por iso desde a posta en marcha dos seis puntos CPAE 2.0 en Cambados, Lalín, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo realizáronse un total de 317 eventos de capacitación tecnolóxica, ata un total de 635 horas de capacitación, ós que asistiron 1.565 empresarios, autónomos e emprendedores.
 
Eventos para maio por punto CPAE 2.0
 
CPAE 2.0 Cambados
 
·         6 de maio, de 13:00 a 15:30 horas
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
 
·         7 de maio, de 19:00 a 21.00 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         11 de maio, de 13:00 a 15:00 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         14 de maio, de 19:00 a 21:00 horas
Como facturarlles electronicamente ás empresas e ás administracións públicas
 
·         20 de maio, de 19:00 a 21:00 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         23 de maio, de 11:00 a 13:00 horas
Almacenamento na nube: Dropbox e Google Drive
 
·         27 de maio, de 19:00 a 21:00 horas
Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio
 
·         29 de maio, de 19:00 a 21:00 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
CPAE 2.0 Lalín
 
·         7 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         8 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
 
·         12 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         15 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Como empregar eficientemente Google e Google Apps for Work
 
·         21 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Como facturarlles electronicamente ás empresas e ás administracións públicas
 
·         22 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         25 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         28 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
A túa páxina web en menos de 90 minutos
 
CPAE 2.0 O Porriño
 
·         7 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         8 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Presenza na rede e técnicas de SEO
 
·         13 de maio, de 20:00 a 21:30
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         15 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Como facturarlles electronicamente ás empresas e ás administracións públicas
 
·         19 maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         21 de maio, de 14:00 a 15:30
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
 
·         28 de maio, de 14:00 a 15:00 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         29 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Como aumentar seguidores ou fans no teu perfil profesional
 
CPAE 2.0 Ponteareas
 
·         12 maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         14 maio, de 20:00 a 21:30 horas
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
 
·         19 maio, de 20:00 a 21:30 horas
Como facturarlles electronicamente ás empresas e ás administracións públicas
 
·         21 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         27 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         28 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Presenza na rede e técnicas de SEO
 
CPAE 2.0 Pontevedra
 
·         6 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         8 de maio, de 19:30 a 21:30 horas
Como facturarlles electronicamente ás empresas e ás administracións públicas
 
·         12 de maio, de 19:00 a 20:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         16 de maio, de 11:00 a 12:30 horas
Como empregar eficientemente Google e Google Apps for Work
 
·         20 de maio, de 19:30 a 21:30 horas
A túa páxina web en menos de 90 minutos
 
·         22 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         27 de maio, de 19.00 a 20:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         29 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
 
CPAE 2.0 Vigo
 
·         6 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         8 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Presenza na rede e técnicas de SEO
 
·         13 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         15 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Como facturarlles electronicamente ás empresas e ás administracións públicas
 
·         19 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         21 de maio, de 14:00 a 15:30 horas
Redes sociais para a venda e a atención a clientes
 
·         26 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual
 
·         28 de maio, de 20:00 a 21:30 horas
Vídeo-vixilancia no teu negocio (infraestrutura básica e aspectos legais)
 
Contidos Tecnolóxicos, Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra

Fuente:  CPAE