Axudas e subvencións

Beneficiarios: Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

Non ter a condición de Administración Pública.
Carecer de fins de lucro.
Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).
Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.
Entidade: Diputación de Pontevedra
Plazo: 07/04/2022
Estado: Finalizada
Web: https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/56353837

Descrición da axuda

Este procedemento ten por obxecto regular a concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o presente ano coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento