Axudas e subvencións
Axudas e subvencións
Beneficiarios: | Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que cumplan os seguintes requisitos. a) Comerciantes detallistas: – Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exerceren a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia. – Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable. – Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante. – Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE. b) Titulares de obradoiros artesanais: Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro. |
Entidade: | Xunta de Galicia |
Financiación: | Para a linea 1: O investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será ente o 30% e 50 % do investimento máximo subvencionable. Para a linea 2: O investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 15.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable. |
Plazo: | O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 02 de febreiro de 2018 e terminará o 01 de marzo de 2018. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) |
Estado: | Finalizada |
Web: | https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN201H&ano=2018&numpub=1&lang=es |
Descrición da axuda
Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais.Requisitos
- Consideraranse gastos subvencionables os comprendidos entre o 01/01/2018 e o 30/10/2018.- Manter o investimento subvencionado durante dous anos desde a súa concesión.
Gastos subvencionables
Para a linea 1:
a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.
b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe.
c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun billete para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce a desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2018.
Para a linea 2:
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) Adquisición de mobiliario destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
Aviso legal
- A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
- A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
- A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.
Rexistro
« | Setembro 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- ChatBot, a automatización da atención ao cliente19 de setembro de 2024 11:00Máis información
- Primeiros pasos coa Administración Electrónica30 de setembro de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento