Axudas e subvencións

Beneficiarios: *Persoas traballadoras autónomas ou que teñan sido autónomas con anterioridadeque queiran volver emprender, e que cumpran cos seguintes requisitos:

Ter causado alta no RETA ou noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional entre o 31 de outubro de 2022 e 30 de outubro de 2023.

Ter cotizado anteriormente polo menos 3 meses ininterrompidos no RETA ou noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade.

Estar inscrita como persoa demandante de emprego sen ocupación efectiva nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta.

Ter transcorrido un mínimo de 3 mesesentre a nova alta e a anterior baixa.

Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

*Persoas traballadoras autónomas que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal e coa entidade xa constituída antes da presentación.
Entidade: Secretaría Xeral de Emprego
Financiación: 10.000,00 €
Plazo: Ata o Martes, 31 Outubro 2023
Estado: Finalizada
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR790A&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Descrición da axuda

Establécense unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo a nova alta como persoa traballadora autónoma.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.