Axudas e subvencións

Beneficiarios: Sociedade mercantil cunha data de constitución non superior a 42 meses no momento da solicitude do fondo
Proxecto innovador. Innovación de produtos/servizos e/ou procesos. Non é necesario que sexan proxectos tecnolóxicos.
Proxecto con potencial de crecemento e capacidade potencial de internacionalización.
Proxecto realista, viable técnica, comercial e financeiramente.
Capacidade técnica e de xestión dos emprendedores e/ou equipo directivo.
Proxecto invertible, proposta interesante para investidores, entidades financeiras e/ou outras empresas.
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Financiación: O FGIE estrutúrase en 3 tramos diferentes en función das necesidades financeiras totais do proxecto empresarial nos 18 meses posteriores a la solicitude do mesmo.
En función do tramo as necesidades de achegas de capital social por parte dos promotores e as contías ata as que pode chegar o FGIE varían.

A achega do FGIE ao proxecto pode constituírse mediante un préstamo participativo na empresa e/ou por unha participación no capital.
Estado: Finalizada
Web: http://www.igape.es/es/crear-unha-empresa/financiamento/fondo-galicia-iniciativas-emprendedoras-fgie

Descrición da axuda

O fondo constituído polo Igape, Xesgalicia e Gain quere contribuír ao fomento do espírito emprendedor e apoio financeiro a iniciativas emprendedoras.

Accións

Procedemento de solicitude:
Inscribirse na Unidade Galicia Emprende (UGE) e realizar o modelo de plan de empresa a partir do índice da UGE.
Enlace Web da UGE: http://galiciaemprende.igape.es/hgpyme/index.php
Elaborar o plan de empresa e o plan económico financeiro

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.