Axudas e subvencións

Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea.
Persoas físicas, agrupacións e persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.
Entidade: IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica
Plazo: O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados, nas entidades financeiras, iniciarase o 4 de xaneiro de 2016 e finalizará o 31 de outubro de 2016.
Estado: Finalizada
Web: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioO92-161215-0001_gl.html

Descrición da axuda

Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.

Requisitos

Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente.
En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios, excepto pólizas de crédito ou préstamo destinados á mesma finalidade que venzan durante o exercicio 2016.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.