Axudas e subvencións

Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas (pemes), agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica
Entidade: Xunta de Galicia
Financiación: Subvención en réxime de concorrencia non competitiva
Plazo: 28/12/2018
Estado: Finalizada
Web: http://www.ipyme.org/es-ES/BBDD/AyudasIncentivos/Paginas/DetalleAyudasIncentivos.aspx?refe=65291&CAUT=11&ADMO=&TITU=&SECT=&SUBS=&VIGE=True&PROV=&DES=123,171&TIPOCONSULTA=prediseniada&ABIERTA=True&ORGA=&PAGE=1

Descrición da axuda

Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos novos que respondan
a algunha das seguintes tipoloxías:
Creación dun novo establecemento.
Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que
anteriormente non se producían no mesmo.
Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento
existente. Estes proxectos supoñerán a implementación dunha innovación no proceso
global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización
que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas
de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.
O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e non superior a 2.000.000
de €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.