Axudas e subvencións

Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que cumplan os seguintes requisitos.

a) Comerciantes detallistas:
– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exerceren a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
– Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.
– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

b) Titulares de obradoiros artesanais:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.
Entidade: Xunta de Galicia
Financiación: Para a linea 1:
O investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será ente o 30% e 50 % do investimento máximo subvencionable.

Para a linea 2:

O investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 15.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.
Plazo: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 02 de febreiro de 2018 e terminará o 01 de marzo de 2018.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
Estado: Finalizada
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN201H&ano=2018&numpub=1&lang=es

Descrición da axuda

Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais.

Requisitos

- Consideraranse gastos subvencionables os comprendidos entre o 01/01/2018 e o 30/10/2018.
- Manter o investimento subvencionado durante dous anos desde a súa concesión.

Gastos subvencionables

Para a linea 1:

a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.

b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe.

c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun billete para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce a desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2018.

Para a linea 2:

a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) Adquisición de mobiliario destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.