Actualidade

As salas de Facebook e WhatsApp xa son unha realidade

Data:  venres, 09 de outubro de 2020

Coa chegada da COVID-19, as ferramentas de videoconferencia acadaron un protagonismo que ata o de agora nunca tiveran. Convertéronse nunha ferramenta indispensable para moitas empresas, medios de comunicación e organizacións, xa que permitiron que seguiran a súa actividade con total normalidade. Tanto é o protagonismo de Zoom, Skype ou Google Hangouts que outras empresas de software e plataformas sociais puxéronse a traballar para crear servizos útiles e así intentar paliar os problemas do traballo presencial. 
 
Messenger Rooms de Facebook presentouse a finais de abril como unha alternativa a estas ferramentas de videoconferencia, pero con moitas características comúns con elas. A súa novidade é poder crear "salas" de ata 50 persoas, de balde e sen ningunha restrición en canto ao tempo e duración. É máis accesible e conta cunha interface sinxela, o que axuda a moitas persoas usuarias que non teñen grandes coñecementos na contorna dixital. Calquera persoa poderá acceder a estas "salas de reunións" simplemente dispoñendo da ligazón para poder ingresar e cunha característica importante: poderá acceder sen necesidade de contar cun perfil nesta rede social. 
 
Como crear unha "sala de reunión" en Facebook Messenger?
 
Para crear a túa "sala", tes que acceder á pestana de inicio do teu perfil e facer click en "abrir sala". Antes de terminar poderás modificar e xestionar a privacidade, definir o teu obxectivo (os cales, atoparás varios e moi divertidos), etc. O seguinte paso será indicarlle a Messenger os convidados a túa "sala de reunión". Facebook ofrece varias opcións: compartir a ligazón da reunión, convidar aos teus amigos ou convidar a amigos concretos. O último paso será programar a túa reunión, ponlle data e hora de inicio e xa terás unha reunión de balde e sen ningún tipo de problemas.
 
Como crear unha "sala de reunión" en WhatsApp?
 
WhatsApp é a ferramenta social e de comunicación preferida polo público español. Para crear a túa reunión deberás ir ata a opción de "chamadas", na parte inferior atoparás unha icona dun vídeo cun hipervínculo, preme ahí e xa poderás iniciar a túa "sala". Os pasos serán os mesmos, o único diferente é que te redirixirá a Messenger para completar o proceso.
 
Como crear unha "sala de reunión" desde a app de Instagram?
 
Primeiramente, temos que ter en conta que para acceder ás "salas de reunión" de Facebook desde Instagram teremos que ter instalada a app de Facebook Messenger no noso dispositivo, igual que pasa con WhatsApp. Isto débese a que as reunións non se atopan aloxadas na propia aplicación da rede social de Instagram, atópanse en Facebook Messenger. Desde Instagram so poderemos configurar a sala, enviar convites e iremos a Messenger para participar no chat da videochamada. Só teremos que acceder a Messenger Direct e facer click na icona do vídeo. Os pasos sempre son os mesmos.
 
Con este novo lanzamento, as vantaxes de usar a tecnoloxía son cada vez máis grandes. Cada día existen novas ferramentas e apps de videoconferencia que se axusten as necesidades do teu negocio ou do teu proxecto. O uso tan sinxelo e simple desta nova funcionalidade de Facebook, fará que se convirta nunha das máis preferidas por parte das persoas usuarias. 
 
Fátima Faílde
Asesora TIC

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31