Actualidade

A intelixencia artificial na industria hostaleira

Data:  venres, 03 de setembro de 2021

 
Debido ao rápido crecemento da industria hostaleira, o sector turístico vai avanzando cada día máis cara a novas tendencias en moda e maior influencia das TIC'S. Isto provoca que as persoas turistas decidan crecer da súa man e buscar novas experiencias cada vez máis difíciles de satisfacer polos hoteis.
 
É por iso polo que as cadeas hostaleiras en España están a empezar a apostar pola intelixencia artificial para optimizar a xestión dos seus hoteis. Para isto, buscan como satisfacer as fases de experiencia de calquera persoa hóspede, desde que reservan a súa habitación ata que volven da súa viaxe.
 
Grazas ao uso da intelixencia artificial, un aloxamento hostaleiro pode saber diferentes cousas. Unha delas é saber cal vai ser a súa previsión de demanda futura, grazas a isto, adaptan distintas ofertas e recursos para a súa clientela e saben cal vai ser a súa ocupación total axudando a eliminar a estacionalidade.
 
Outra das vantaxes de utilizar estas ferramentas intelixentes é a capacidade para crear unha maior personalización de produtos e servizos, axudando a mellorar a experiencia da clientela e creando unha sensación de produto único para cada persoa. As persoas hóspedes poden ambientar a súa experiencia da forma máis cómoda utilizando mesmo servizos por voz dentro do hotel permitindo desta forma ambientar a temperatura da habitación, baixar os niveis de iluminación, pedir servizos a recepción, activar as duchas, utilizar dispositivos móbiles ou televisións, etc.
 
O control por voz tamén pode axudar a brindar unha experiencia superior á clientela, ao axilizar os tempos de respostas e dar maior rapidez aos procesos de reserva.
 
Famosas cadeas hostaleiras do mundo que xa utilizan a intelixencia artificial no seu día a día, incorporando robots que interactúan coa clientela traballando como un empregado máis nos seus aloxamentos. Estes robots axudan a mellorar a experiencia dentro do hotel, xa que realiza todo tipo de tarefas; levar a equipaxe, realizar o check in e check out, estar ao servizo das habitacións acotío, todos os días do ano proporcionando ao cliente un servizo exclusivo e personalizado.
 
Outro exemplo de intelixencia artificial son os chatbots, implementados nas páxinas ou apps das cadeas para ofrecer un servizo 24 horas que permite facer preguntas e obter respostas case instantáneas. Este tipo de servizo proporciona unha vantaxe enorme para os hoteis, xa que acurtan ao máximo o seu tempo de resposta cara os clientes.
 
Os centros intelixentes pódense conectar aos procesos de reserva da empresa, o que permite á clientela reservar facilmente unha mesa no restaurante mediante uns simples comandos de voz, proporcionar información turística ou prognósticos meteorolóxicos da súa localización actual, desta forma, o cliente pode programar mellor a súa estancia e programar a súa viaxe máis facilmente. 
 
Grazas a este tipo de tecnoloxías tamén se proporciona unha cantidade elevada de datos acerca das persoas hóspedes que máis tarde é útil para estes aloxamentos, xa que, grazas a isto, pódese clasificar rapidamente e sacar futuras conclusións sobre quen é a súa clientela potencial. 
 
Os hoteis avanzan na adaptación para cubrir as necesidades dos seus clientes, ofrecéndolles cada vez unha experiencia máis única e personalizada. Isto axuda a mellorar as súas comunicacións comerciais e conseguir un maior nivel de conversión á hora de mellorar a súa ocupación hostaleira.
 
En definitiva, a intelixencia artificial é cada vez máis importante á hora de xestionar un aloxamento hostaleiro xa que axiliza as funcións tradicionalmente humanas, axuda no aforro de diñeiro porque minimiza os gastos, elimina os erros humanos e brinda un servizo superior mellorando a experiencia.
 
Con todo, sempre vai ser necesario no sector turístico o toque humano que recoñeza a cara da clientela, lembre os seus nomes e ofreza hospitalidade no servizo.
 
Mariana Rosa
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento