50 ferramentas de márketing en liña que che encantarán
Data: xoves, 10 de xullo de 2014
Presentamos unha compilación de máis de 50 ferramentas que che axudarán a xestionar, crear e promover contidos nos teus proxectos, divididos en categorías..
Ferramentas de xestión de contidos
- Feedly: un lector de RSS que che axudará a coñecer todas as novidades do teu negocio
- Storify: unha ferramenta para recompilar contido de redes sociais que despois podes amosar nun só lugar. Ideal para xornalistas ou para recompilar fitos en liña
- Curata: ferramenta para buscar e arquivar contidos relevantes
- Flipboard: unha ferramenta para estar sempre ó día. Permite ler por RSS os teus medios favoritos ou segundo as súas recomendacións. Preséntase cun estilo magazine
- Pocket: ferramenta para arquivar contido para ler posteriormente
- Linkstant: recibe unha alerta cada vez que alguén enlace a túa web ou blogue
Ferramentas para monitoraxe e análise
Para analizar a túa presenza ou a da túa competencia recoméndanse as seguintes ferramentas:
- Quicksprout: con esta ferramenta podes conseguir un informe básico sobre a túa web. Existe unha versión de pago que proporciona máis datos
- Google Alerts: identifica as túas palabras clave e ponche alertas para estar ó día
- Mention: unha ferramenta que che permite monitorizar palabras clave en redes sociais e internet
- SharedCounter: analiza o social share das túas ligazóns con esta ferramenta sinxela
- Topsy: procura avanzada de contidos en Twitter
- LikeAlyzer: unha ferramenta para analizar a túa páxina de fans ou a da túa competencia
- Keyhole: monitoraxe de palabras, ligazóns ou hashtags en Twitter, Facebook e Instagram
Ferramentas para crear contidos (deseño)
- Thinglink: unha fantástica ferramenta para crear contidos interactivos para internet e redes sociais
- Piktochart: ferramenta para crear infografías
- Infogr.am: outra ferramenta de creación de infografías
- Canva e PicMonkey: ferramentas para crear gráficas moi atractivas, con modelos que permiten resultados aceptables sen coñecementos de deseño
- Powtoon: para crear vídeos infográficos
Ferramentas para a xestión e promoción de contidos
- Slideshare: para subir presentacións
- Bitly: ferramenta para acurtar ligazóns que tamén permite personalizalas. Un truco: se a túa competencia comparte ligazóns e queres saber as súas estatísticas tan só copia a súa ligazón, agrega "+" ó final e verás as cifras.
- Box, Google Drive e Dropbox: ferramentas para almacenar contidos de forma gratuíta (todos teñen Gb gratis)
Ferramentas para mellorar o teu posicionamento
- Ubersuggest: unha ferramenta que che axuda a xerar palabras clave relacionadas co túa marca ou con algo en concreto
- Yoast: un plugin de WordPress que che axuda a situar os teus contidos
- Keyword Tool de Youtube: ideal para conseguir boas palabras clave que che axuden a situar os teus contidos en vídeo
Ferramentas de produtividade
- Evernote: é un ferramenta que, usada correctamente, che axudará a mellorar a túa produtividade. Podes crear, arquivar e recompilar todo tipo de información
- OneTab: recompila nunha soa pestana todas as que tes abertas en Chrome. Produtividade ó máximo nivel
- Focusbooster: para que te concentres e poidas terminar as cousas importantes
- IFTTT: é unha ferramenta moi potente que permite crear receitas para automatizar procesos, o que implica aforro de tempo
Ferramentas de redes sociais
- Buffer: unha ferramenta fantástica para promover contido con datas programadas en Linkedin, G+, Twitter e Facebook
- Hootsuite: ferramenta para xestionar de forma efectiva múltiples perfís de distintas redes sociais
- Tweetdeck: ferramenta oficial de Twitter para xestionar múltiples contas
- Bloonder: para crear concursos en Facebook, Twitter e blogs (o primeiro é gratis)
- Monitor Wildfire: para ver o incremento de seguidores dunha conta de Twitter, Facebook ou G+, podes mesmo comparar a túa marca con outras
- Rowfeeder: ferramenta para monitorizar en tempo real (con Google Docs) os tweets dun hashtag ou perfil. Tamén dá informes de resultados
Ferramentas de blogging
- WordPress: plataforma líder para a creación de blogus e webs Sen dúbida das máis completas
- Click to Tweet: para inserir un caixón que promove novos titulares das túas publicacións para conseguir máis repercusión dos teus contidos
Ferramentas de analítica
- Pirendo: analítica en Facebook e Twitter
- Twitter Analytics e Facebook Analytics ofrécenche insights gratuítos
- Google Analytics: analítica de páxinas web
- Alexa: para medir o ránking de páxinas webs
- Simply Measured: unha plataforma que ofrece varios informes gratuítos de redes sociais
- Social Bro: unha boa ferramenta para manexar e optimizar os perfís de Twitter. Ofrece varias funcionalidades que che permiten xestionar comunidades
- Iconosquare: ferramenta de analíticas en Instagram
Ferramentas de email marketing
- Acumbamail: plataforma para envíos de campañas de email marketing
- Benchmark Email: outra plataforma tamén en español que che permite crear campañas de email marketing
- Mailchimp: a máis famosa ferramenta de email marketing
- Mailrelay: ferramenta de email marketing
Outros publicacións sobre ferramentas que che poden axudar
- Ferramentas para community managers
- Ferramentas para bloggers
- Ferramentas de Instagram
- Plugins de WordPress
Nota de prensa
08/07/2014
http://vilmanunez.com/2014/07/03/herramientas-marketing-online/
Fonte: http://vilmanunez.com