Actualidade

« Atrás

Xa podes editar vídeo con Canva

Data:  venres, 22 de outubro de 2021

 

Non é unha novidade que as pezas audiovisuais son plena tendencia en redes sociais e na contorna dixital en xeral, esta pode ser unha das razóns polas que Canva incluíu na súa versión beta un editor de vídeo (polo de agora moi básico), que permite facer edicións nas que podemos incluír, vídeos, música, grafismos, e textos de maneira sinxela.
 
Se aínda non tes a nova interface de vídeo, podes activala creando un vídeo novo, automaticamente aparecerá o aviso para activar a versión beta do editor e a nosa interface pasará a verse desta maneira:
 
 
 
Imos repasar as melloras que temos en Canva con respecto a creación de pezas audiovisuais:
1. Animacións: O primeiro que engadiron foron as animacións nas imaxes e nos textos, isto foi unha gran axuda para achegar dinamismo a certas publicacións para que non foran totalmente estáticas.
 
2. Transicións: As transicións entre os clips é algo que só atopamos na versión beta do editor de vídeo. Temos diferentes cambios entre clips moi interesantes para dar máis estilo ao noso vídeo. 
 
3. Voz gravada: Engadir voz gravada no momento é algo moi novo tamén, todo dependerá do micrófono e as condicións sonoras, pero a oportunidade de auto gravarse ao estilo locutor de radio está aí. 
 
4. Corte de clips: Temos a oportunidade de cortar os clips de vídeo directamente en Canva, desta maneira aforramos edición externa e a preocupación de cortar no momento preciso o vídeo. 
 
5. Música para vídeo: Podemos engadir música propia de Canva ou música externa, podemos descargala dun banco de música gratuíta e esa canción adaptarase de maneira automática ao noso vídeo. 
 
Pero non está todo o camiño feito, aínda hai cousas que se poden mellorar, aquí temos algunhas ideas para a mellora do editor de vídeo: 
 
1. Velocidade do vídeo: Algo que botamos de menos é unha ferramenta coa que poder aumentar a velocidade do vídeo (cámara rápida) ou diminuíla (cámara lenta). 
 
2. Duración do texto: O texto que incluímos nos nosos clips dependen da duración dos mesmos, é dicir non podemos controlar canto dura o texto nin onde colocalo, todo depende da duración do clip onde coloquemos devandito texto. 
 
3. Fundidos de entrada e saída: Un clásico tanto en vídeo coma en música, unha ferramenta que nos axude a que eses cortes, tanto de imaxe coma de son, non sexan "de súpeto" e que teñan certa suavidade na súa maneira de comezar ou terminar. 
 
Segundo as necesidades que teña cada proxecto ou empresa mesmo poderiamos pedir máis opcións, pero tendo en conta os poucos editores medianamente intuitivos que temos dispoñibles de maneira gratuíta, é unha opción moi boa para comezar a realizar as nosas pezas audiovisuais máis creativas e orixinais.
 
Lara Taboada 
Asesora imaxe
 

Fonte:  SmartPeme