Actualidade

« Atrás

XXIII Premio Xove Empresario do ano Pontevedra

Data:  luns, 15 de outubro de 2018

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a XXIII Edición do Premio Xove Empresario, co obxetivo de recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e xóvenes empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa  provincia.

Este XXIII Premio Xove Empresario de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente.

É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXIII Premio Xove Empresario recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia.

Este premio suporá para o xove empresario gañador a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á xuventude, mostrando que o autoemprego e a innovación no mesmo é outra posibilidade de traballo, así como reclamar en voz alta o apoio de todos, o colectivo de emprendedores e xoves  empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia.

Esta XXIII Edición 2018 componse de dúas categorías e as seguintes mencións de honor:

  • XOVE EMPRESARIO DO ANO 2018: dotado en función das súas necesidades e da súa actividade dunha oficina ou dunha nave no polígono industrial de Barro – Meis, con vixencia dun ano; ordenador persoal HP; Cheque de 6.000€ en formaciones de Galicia Business School; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
  • XOVE EMPRENDEDOR DO ANO 2018: dotado con aloxamento  gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo;  ordenador persoal HP; Cheque de 6.000€ en formaciones de Galicia Business School; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.

REQUISITOS

  • Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores con data de nacemento non anterior ó 31 de Outubro de 1977.
  • Xove Empresario do Ano 2018 empresas constituídas con anterioridade ao 30 de Abril de 2017.
  • Xove Emprendedor do Ano 2018 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituída con posterioridade ao 30 Abril de 2017.
  • Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.
  • Capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.
  • A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.
  • Estar ao corrente das súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega.
  • Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.
  • Os candidatos deberán ter disposición para a grabación dun video promocional da súa candidatura por parte de AJE Pontevedra.
  • Asistencia obrigatoria ao acto de entrega dos premios.

Os candidatos que desexen concorrer a estes Premios deberán enviar a  documentación a info@ajepontevedra.com antes do 28 de outubro, ás 23.59h.

Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o mércores 31 de outubro, ás 20.30 hora, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Pasanteria, 2-12 - 36002 Pontevedra).

Para máis información acerca dos premios, pulsa no siguiente enlace.

Fonte:  SmartPeme