Actualidade

« Atrás

Webinar SmartPeme, A importancia da transformación dixital no Terceiro Sector

Data:  martes, 13 de outubro de 2020

Co obxectivo de seguir ampliando o espectro do proxecto SmartPeme, o pasado mes de xullo púxose en marcha unha nova carteira específica dirixida ás entidades do Terceiro Sector de Acción Social, conscientes da relevancia que teñen no desenvolvemento da provincia.
 
"SmartPeme Terceiro Sector" nace co obxectivo de prestar formación e asesoramento individualizado sen custo algún para a entidade en materia de competitividade e tecnoloxía, para que melloren a súa eficiencia e o seu impacto na sociedade pontevedresa.
 
Para dar a coñecer este novo servizo, desde SmartPeme estamos a organizar un webinar o vindeiro mércores día 21 de outubro, ás 19 horas, no que contaremos coa presencia de Irene Milleiro, directora xerente da Fundación Change.org.
 
Irene, nacida en Pontevedra, é licenciada en Dereito, máster en Dereitos Humanos e Democracia e experta no uso da comunicación e a tecnoloxía para o impulso de cambios sociais. 
 
Anteriormente a Change.org, traballou coma Directora de Campañas e Estudos de Intermón Oxfam, e na Unidade de Dereitos Humanos da Comisión Europea en Bruxelas. Persoa integrante das Top100 mulleres líderes en España, obtivo o Premio Mulleres a Seguir na Categoría de Comunicación no ano 2017.
 
Durante esta sesión, Irene falaranos sobre a importancia da dixitalización nas entidades do Terceiro Sector, non só no ámbito do marketing e captación de novas persoas usuarias, se non tamén para a mellora da súa xestión.
 
Se desexas asistir a esta sesión que se emitirá a través da ferramenta Zoom, soamente tes que inscribirte cubrindo o seguinte formulario.
 

Fonte:  SmartPeme