Actualidade

« Atrás

Webinar con Gloria Gubianas, Como cambiar o mundo a través da empresa

Data:  xoves, 25 de xuño de 2020

 
 
Cada vez existe un maior número de empresas comprometidas co medio ambiente e a sociedade. Hemper, empresa dedicada á moda sostible, é un claro exemplo delas. Isto é posible grazas ao equipo que está detrás, en especial ao traballo dunha das súas fundadoras, Gloria Gubianas, que foi elixida recentemente "Muller emprendedora do ano en España". 
 
Considerada todo un referente xuvenil no mundo da moda sostible no noso país, demostrou que se pode crear unha marca respectando o medio ambiente e os dereitos das persoas.
 
O material principal para a fabricación das mochilas e complementos de Hemper, que son feitos a man, é o cáñamo, unha das teas máis respectuosas co medio ambiente. Ademais, empoderan familias e comunidades en risco de exclusión social mediante a creación de emprego.
 
Gloria Gubianas xa mostrou interese en proxectos de impacto social e ambiental desde a adolescencia, creando no seu colexio - o Colexio Montserrat de Barcelona - un proxecto que medía o gasto de auga que se efectuaba ao ducharse, e dedicando tempo a causas sociais, facendo voluntariado en Nepal. Esa inquietude por proxectos ambientais, unidos ás súas ganas de emprender e ser parte do cambio leváronlle a poñer en marcha xunto a outros compañeiros e compañeiras, Hemper.
 
O vindeiro xoves día 2 de xullo, ás 10 horas, Gloria contaranos a súa experiencia emprendedora de primeira man a través dun webinar titulado "Como cambiar o mundo a través da empresa".
 
Se desexas asistir a esta sesión que se emitirá a través da ferramenta  Zoom, soamente tes que inscribirte enchendo o seguinte formulario.

Fonte:  SmartPeme