Actualidade

« Atrás

VI Xornada TurisTIC

Data:  mércores, 08 de maio de 2024

 
Por sexto ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra organiza a través de SmartPeme a VI Xornada TurisTIC, encontro de referencia para o sector turístico da provincia de Pontevedra, que nace en 2018 coa necesidade de crear un evento no que se analice e informe das oportunidades que proporciona o uso das TIC nas empresas turísticas.
 
Como en anteiores edicións, levarase a cabo en formato mixto, é decir, de maneira presencial, pero con retransmisión telemática a través da canle de YouTube da Deputación de Pontevedra.
 
A xornada terá lugar o xoves 16 de maio no Parador de Baiona (Av. Arquitecto Jesús Valverde, 3, 36300 Baiona, Pontevedra). Comezará ás 10:30 horas (ás 10:00 horas realizarase a recepción das persoas asistentes) coa apertura institucional e finalizará ás 14:15 horas cun xantar networking.
 
Ademais, ese día contaremos coa presenza de profesionais do sector turístico e das novas tecnoloxías que tratarán a relevancia dos datos no sector e como a xestión eficiente dos mesmos e unha sólida gobernanza son fundamentais para mellorar a xestión turística, conseguindo promover a transparencia e unha industria máis responsable e sostible.
 
A continuación, indicámosvos o programa da xornada para que poidades coñecer as temáticas que se tratarán:
 
  • 10:00 Recepción asistentes
  • 10:30 Apertura Institucional da Xornada 
         - Luis Lopez. Presidente da Deputación de Pontevedra.
         - Jesús V. Almuiña. Alcalde de Baiona 
  • 11:00 Mesa Redonda I. "Como as administracións públicas poden aproveitar o uso dos datos".
  • 11:45 Café networking
  • 12:30 Relatorio Faustino Batallán; Senior Account Manager de Orange en Galicia 
  • 13:15 Mesa Redonda II. "Como axuda a xestión eficiente de datos ao sector turístico".
  • 14:00 Peche Institucional.
         - Nava Castro. Deputada de Turismo 
  • 14:15 Xantar Networking
Esperámoste!  Non esquezas inscribirte facendo clic aquí.
 
(É moi importante que todas aquelas persoas que queiran asistir seleccionen, no momento de inscribirse, se acudirán de forma presencial ou telemática no despregable que aparecerá no formulario e, no caso de acudir presencialmente, indicar se disfrutarán do xantar.)

Fonte:  SmartPeme