Actualidade

« Atrás

Vantaxes de usar a experiencia inmersiva no márketing do negocio

Data:  venres, 07 de febreiro de 2020

 
Hoxe en día, o mundo da publicidade orientada á clientela pasa pola renovación do uso de novas estratexias que nos permitan ter un elemento diferenciador e potenciador da nosa marca. Grazas aos avances tecnolóxicos que nos permiten acceder ás experiencias inmersivas, isto resulta cada vez máis sinxelo para as marcas.
 
A persoa usuaria pasa a ter un rol máis activo e quere formar parte do centro da experiencia. Para iso, debemos facer uso de diferentes plataformas multimedia que melloren a percepción da clientela para a marca.
 
- A experiencia inmersiva axuda a crear un compromiso positivo coa marca. O público pode conectarse máis estreitamente coa empresa no que respecta ao márketing inmersivo, o que axuda a aumentar a credibilidade e o seu valor. Isto produce na clientela un proceso de transformación xa que xera unha expectativa de como dende a compañía podemos proporcionarlle un grao amplo de satisfacción en relación coas súas necesidades e fai que sexan persoas prescritoras dos nosos valores.
 
- A era da personalización define a actualidade. O amplo e estendido uso do selfie non é simplemente un feito anecdótico, senón un reflexo da necesidade das persoas consumidoras de converterse en protagonistas de experiencias. Con todo, cada audiencia é diferente e o marketing dos negocios necesita adaptarse en función do seu público obxectivo. Debemos desenvolver contidos relacionados con cada un dos modelos de clientes potenciais identificados en relación cos nosos produtos e/ou servizos.
 
- A tecnoloxía ofrece a posibilidade de lidar con esa diversidade a gran escala. Nese sentido, a realidade virtual abre a porta a que as compañías cren contido personalizado para targets, sacándolle o debido rendemento coas estratexias adecuadas.
 
- Un dos grandes problemas da globalización é os idiomas e como comunicar a diferentes comunidades. Neste caso, a barreira idiomática desaparece, xa que nun mercado cada vez máis globalizado, a experiencia inmersiva en 3D preséntase como a solución visual idónea a este respecto.
 
- Por iso é polo que podamos concluír que outra das grandes vantaxes desta tecnoloxía é a súa rendibilidade: o mundo das imaxes é transversal e non require de tradución.
 
En conclusión, as marcas e empresas atópanse ante un público cada vez máis esixente que sente a necesidade de sentirse protagonista para a marca e valora todas aquelas estratexias personalizadas que as compañías poidan ofrecerlle. 
 
Por iso, debemos de tratar de levar isto á práctica e ofrecer á nosa clientela estas experiencias inmersivas, na medida do posible e en función das nosas capacidades.
 
Jose Luis Taboada
Asesor TIC
 
 

Fonte:  SmartPeme