Actualidade

« Atrás

Unha visión rápida sobre os Non-Funxible Tokens (NFT)

Data:  venres, 14 de maio de 2021

 

Os NFT vén de Non-Funxible Tokens, é dicir, se o traducísemos en español sería algo como "Tokens non funxibles". Un activo non funxible é aquel que é único e non se pode substituír, como, por exemplo, o cadro da Mona Lisa que é singular, poderiamos sacar unha foto deste cadro ou comprar unha copia, pero nunca será o orixinal.

Os NFT son activos únicos no mundo dixital que se poden comprar ou vender como calquera propiedade. Estes tokens dixitais pódense intercambiar mediante certificados de propiedade de activos virtuais ou de activos físicos tokenizados. Estes tokens poden ser obras de arte tokeinezadas co fin de crear certificados de propiedade para poder compralos ou vendelos, tamén pode ser accións, cromos ou practicamente calquera cousa. Actualmente, unha importante proporción de tokens representan artigos de xogo e cripto coleccionables, pero teñen innumerables casos de uso potencial, moitos dos cales están en exploración.

Xeralmente, os NFT utilízanse como instrumentos de investimento especulativo e negócianse en mercados de NFT como OpenSea e The Sandbox, por persoas operadoras e investidoras experimentadas. Outra particularidade é que estes tokens están encriptados mediante o sistema do blockchain que principalmente se basea nun sistema que permite recompilar información de tal forma que sexa difícil hackear o sistema e garantir o anonimato. Principalmente utilízase os bloques Ethereum, o principal software de blockchain, pero tamén outras cadeas como TRON, NEO E BSC admiten NFT. En canto ao almacenamento, estes gárdanse en carteiras de activos dixitais compatibles.

Algúns dos usos que se pode facer con NFT:

•Representar obxectos do videoxogo, como potenciadores, vehículos, personaxes, etc.

•Tarxetas comerciais/ coleccionables: hoxe día unha gran proporción de NFT representan cripto coleccionables como Cryptokitties, Axies (Axie Infinity), Cryptopunks e tarxetas comerciais de deportes.

• Adquirir terras virtuais en Decentraland de maneira especulativa. Os NFT representan parcelas de terra en diferentes distritos do mundo virtual do xogo. As persoas propietarias de terreos poden construír e monetizar a súa parcela, por exemplo, alugándoa a outras persoas xogadoras ou utilizándoa para publicidade.

 •Tamén se utilizaron como dominios de blockchain esencialmente tokens que representan a propiedade dun determinado criptodominio, como nome. eth ou token. crypto.

•Un uso moi particular dos Non-Funxible Tokens, poden representar obras de arte individuais que foron tokenizadas e agora representadas por un token único. A propiedade do NFT equivale á posesión da obra de arte subxacente.

En resumidas contas, os tokens non funxibles (NFT) foron gañando unha considerable popularidade nos últimos anos debido ao seu potencial para tokenizar practicamente calquera cousa, e conferir a verdadeira propiedade dos activos dixitais ás persoas titulares. Tamén é de destacar que moito dos seus usos están en exploración, polo que nos próximos anos poderemos ver unha evolución na funcionalidade dos NFT.

Guillermo Nass

Asesor TIC 

Fonte:  SmartPeme