Actualidade

« Atrás

Últimas novidades de Instagram

Data:  venres, 01 de xullo de 2022

 

Non hai discusión cando dicimos que Instagram (IG) converteuse nunha das redes sociais onde máis podemos expoñer os nosos produtos, pero tampouco a hai ao afirmar que require dun esforzo maior, xa que todo o contido que nos pide ten que ser orixinal e único, paradesta maneira alimentar a plataforma con contido visual e que a nosa estratexia funcione e os nosos produtos atraian.

Ademais, IG realizou varios cambios nos últimos meses, cambios tan rápidos que son mesmo difíciles de seguir ata para os máis entendidos na materia, persoas profesionais que se dedican ao márketing en redes advirten destes cambios e buscan novas maneiras de aproveitar as súas vantaxes e frear os seus inconvenientes. Aquí enumeramos algúns dos cambios máis recentes no contido de IG:

O vídeo é o rei: Disto non temos dúbidas, viámolo vir desde a época da pandemia cando TikTok empezou a gañar persoas usuarias e IG contraatacou co formato Reels para bloquear a esta nova aplicación que tentaba gañarlle terreo.

Reels de 90 segundos: Ata o de agora, cando gravabamos ou creabamos un Reel, a duración máxima permitida do vídeo era dun minuto. Pero agora Instagram aumentou este tempo ata 90 segundos, sendo unha opción xenial para aqueles casos nos que necesitamos algo máis de tempo para explicar ou mostrar algún contido.

Penalización de marcas de auga en Reels: IG quere contido xenuíno, polo que subir vídeos ou fotos con marcas de auga doutras aplicacións será penalizado, marcas como TikTok, Kwai, ou Clipchamp, poden conseguir que o noso vídeo non chegue nin a unha terceira parte das persoas que poderían visualizalo, por iso é moi importante usar aplicacións ou ferramentas que non deixen marcas de auga.

Recoñecer música en tendencia para Reels: A música en tendencia de Reels axuda a que o noso contido audiovisual chegue a máis visualizacións, e para recoñecer estas cancións existe unha maneira moi sinxela. Cando entramos na pestana de Reels, á beira da canción debe aparecer unha frecha diagonal cara arriba, isto indícanos que ese audio está en tendencia.

 

Plantilla para usar en Reels: Unha das últimas novidades de IG en Reels é o uso de plantillas. Cando o vídeo é creado desde a propia opción de Reels, aparecerá un botón de plantilla, ao pulsalo poderemos substituir as fotos ou vídeos da plantilla polos nosos e quedarán sincronizados coa música.

As "pre" historias: neste caso falamos dunha actualización que aínda non está implantada pero que xa se empeza a rumorear. Trátase dunha previsualización de 3 historias e un botón superior para seguir vendo o resto ou pasar a seguinte persoa usuaria. Acabáronse as liñas das historias interminables, pero se somos persoas creadoras de contido teremos que traballarnos as tres primeiras historias para que as persoas usuarias queiran seguir vendo máis.

Fixar unha publicación no feed: Do mesmo xeito que en Youtube, por exemplo, podemos fixar un comentario para que apareza de primeiro, cos posts do feed de  IG podemos facer o mesmo. Esta nova opción é moi útil se temos algún post de presentación ou no que contemos que servizos ou produtos ofrecemos e que sempre estean de maneira principal.

 
 

Feed cronolóxico: Este termo serve para definir que queremos ver doutras contas e que non, por exemplo, se poñemos en favoritos a segundo que contas, o seu contido sairanos cronoloxicamente antes que calquera outro, por moita interacción que teñamos con outras contas, desta maneira rompe un pouco o algoritmo de IG. Consegue que as túas persoas seguidoras fáganche favorito e o teu contido será o primeiro.

 
 

Editar carruseis despois de publicalos: Encántannos os carruseis, pero en ocasións co tempo volves a esa publicación e pensas…" Esta foto non a puxese aquí" … Pois agora xa non terás máis problemas con iso, xa que podes eliminar imaxes ou vídeos que estean incluídas no carrusel.

Estas son algunhas das novidades que temos na nova versión de IG a nivel visual, a que estás a esperar para probalas? Algunhas delas teñen usos moi interesantes que achegarán moito valor ao teu contido en redes.

 
 
Lara Taboada
Asesora de imaxe
 
 
 
 
 

Fonte:  SmartPeme