Actualidade

« Atrás

TurisTIC: retos, proxectos e moito talento na gran cita de Soutomaior

Data:  luns, 03 de decembro de 2018

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, e o presidente do Cluster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, foron os encargados de inaugurar a I Xornada TurisTIC de Pontevedra "Impacto das novas tecnoloxías no sector turístico" no magnífico castelo de Soutomaior.

Responsables de institucións, asociacións, empresas, axencias e blogues foron os encargados de abordar diversos temas en relación coas novas tecnoloxías e o sector do turismo. Como colofón ao evento, organizado pola Deputación de Pontevedra e dentro do proxecto TurisTIC que xestiona o servizo SmartPeme, entregáronse os Premios ao Talento Turístico Provincial, que distinguen a empresas da provincia destacadas en cinco campos: innovación, gastronomía, experiencia, sustentabilidade e TIC.

Fonte:  Turismo Rías Baixas